XANECO – Obradoiro
De Instrumentos Musicais |
|
O
Obradoiro Xaneco comeza a súa actividade comercial en 1996 co afán
de construír instrumentos musicais que respondesen ás demandas
dos músicos profesionais e cun criterio de calidade que puxera
os instrumentos musicais tradicionais galegos ao mesmo nivel ca calquera
outro instrumento musical. O estudo dos instrumentos antigos, conxugado coas técnicas de construcción actuais, e mais o contacto permanente cos músicos, son a esencia do Obradoiro XANECO . Isto Permite que os instrumentos que alí se fan estean en continua evolución e mellora, tanto de carácter tímbrico como de afinación, pero sen afastarse da tradición musical de Galiza. |
![]() |
Os
instrumentos que se fan no Obradoiro son os de percusión tradicional
e zanfonas. Na percusión un dos obxectivos principias é
dar a coñecer todo o amplo abano de instrumentos de percusión
que existen na Galiza, e facelos cun criterio de calidade para acadarr
a súa dignificación e equiparación á consideración
que teñen outros instrumentos, como por exemplo a gaita. Nas zanfonas, compaxino o estudo de instrumentos antigos co coñecemento das ténicas de luthería coa finalidade de lograr un instrumento musical que sexa bo de manexar e de afinar e asi contribuír dalgún xeito á súa popularización. |
|