|
.
O acordeón.
Descripción.
O instrumento
consta de tres partes fundamentais:
· O teclado (similar ao dun piano).
· A botonería (que contén os baixos con distintos
tipos de acordes, para facer as harmonías).
· O fol (que se presiona para que suministre o aire ás
lingüetas metálicas que ten o instrumento no seu interior).
Estas lingüetas vibra, producindo o característico
son.
|

Modelo de acordeón con teclado
|
Historia.
Foi
inventado no 1829 en Alemaña. Sen embargo, conta cunha serie de
antecesores que se remontan á idade Media. Falamos de instrumentos
como a organeta, que xa tiña un teclado vertical e foles para a
man esquerda, ou o realexo renacentista. Este último estaba baseado
no mesmo sistema de lingüetas vibrantes que o actual acordeón.
Os primeiros aparatos eran moi sinxelos, e tiñan uns poucos botóns
a cada lado, pero supuxeron unha verdadeira revolución no marco
da música popular, xa que permitían facer melodía
e harmonía, sendo moi manexables.
Ao mesmo tempo que aparecía o acordeón de teclado e aumentaba
o tamaño do instrumento, facíase cada vez máis frecuente
nas foliadas, troulas e tamén nas mans de cegos e mendigos.
Hoxe está moi estendido o seu uso polo norte da península
(sobre todo en Euscadi), e tócase en orquestras, grupos folk e
tradicionais.
Existen moitos tamaños, pesos e posibilidades, que abranguen desde
a sinxela concertina hexagonal ou acordeón de concerto.
|